En agradecemento a unha acollida tan boa (234 vídeos inscritos), organizamos para toda a comunidade Cómplice Olloboi un programa de 2 días nos que todo o mundo pode participar e disfrutar, sen importar edade nin ocupación. Aí vai!
A grandes rasgos:
- Ollobradoiros de audiovisual e cine (Alfonso Zarauza), audiovisual e web (Método Sueco), audiovisual e TV (Carlos Ares, de Producións Zopilote) e interpretación (Sabela Hermida). No IES A Cachada
- Charla de Manolo González (no IES A Cachada)
- Ollocineforum Asteleiros Triñanes, Crebinsky (con Quique Otero e Miguel de Lira)
- Entrega de premios con X.A. Touriñán, Sabela Arán e Federico Pérez (Casa Cultura A Cachada)
- Concerto de Pan de Capazo (Pousada das Ánimas)
- Fin de festa: DJ Crebinsky (Pousada das Ánimas)
<!—
–>