Premios e regalos!

Olloboi

Premios

Durante o Festival OlloBoi 2011 repartiranse os seguintes premios:

  • Premios Rodaxe: 500 €
  • Premio Impinxidela: 100 €
  • Premio do Público: 100 €

Gala de entrega

O Venres 17 de Xuño ás 21:00 entregaranse os premios nunha gala que se celebrará na Casa da Cultura de Boiro (no parque da Cachada).

Presentan a gala: Luis Avilés e Miguel de Lira.

Haberá regalos e festa posterior na Pousada das Ánimas con The Cover Band.

Confirma a túa asistencia

Confirma a túa asistencia comentando esta páxina ou escribindo a rodaxe@gmail.com

Nota: non se descarta a concesión de novos premios e regalos en función dos patrocinadores acadados.


Se queres saber máis sobre Rodaxe e OlloBoi volta ao Inicio


18 Responses to Premios e regalos!

  1. Juan di:

    Hai que ir de gala?

  2. aguado di:

    Ola Juan,

    non é obrigatorio, no caso de non asistir os responsables dalgún vídeo premiado, poñerémonos en contacto con eles posteriormente para facerlles entrega do premio.
    Pero sí é recomendable asistir, xa que sortearanse regalos entre os asistentes.

    Saúdos 😉

  3. Adrián di:

    Hola:
    Eu son o autor do corto Indígnate! e vivo no Concello de Ares (preto a Ferrol).
    Debedo a que o 17 son a publicación das notas das probas de acceso a universidade é posible a miña ausencia no fallo dos premios.
    Habería algun problema?

    Un saúdo
    Adrián

  4. aguado di:

    Ningún problema Adrián. Respecto aos premios, publicaranse os resultados despois da gala e se algún dos gañadores non puido estar nela, faráselle chagar o premio por correo ou dalgún xeito. O que sí perderías é o sorteo de regalos e a festa posterior
    Saúdos 😉

  5. Laura Davila di:

    Ola,
    Os meus compañeiros mais eu fixemos a curta “Cachada Revoluxion” e algúns de nós estaremos na gala de entrega.
    Saúdos! 😀
    Laura

  6. Asistirei, e o mais seguro é que os meus compañeiros dos cortos tamén. Vémonos!

  7. ra1milan Jallas di:

    Eu tamén vou 🙂

  8. Marcos Moares di:

    Os creadores da curtametraxe “O Cazador” tamen imos !
    Un saúdo 🙂

  9. Ana Gonzalez di:

    Os do corto Diez segundos de Mayo e Traxes galegos estaremos ali. Somos seis.

  10. Andrés Alonso Rodriguez di:

    Haberá sitio para todos?, nós iremos os catro, o meu pai ,a miña nai, a miña irmá e o mellor incluso aparece de “estranjis” algún que outro familiar que vive cerca.Un saúdo.

  11. po di:

    votade o numero 39 é o mellor

  12. Sara di:

    Dos Pitufos de Frións tamén intentaremos ir algún á gala!!! e á festa!!

  13. Gracias a todos e todas por ter asistido á Gala. Felicidades ós gañadores polos seus traballos, e ós demáis tamén felicidades por tan estupendos traballos. Foi un pracer e unha grande satisfacción ver tanto talento xunto.
    Pascual.

  14. E un saúdo especial ós meus alumnos e alumnas, que para mín son todos gañadores

  15. Antonio di:

    A verdade é que non coñecía este concurso, acudín á gala por curiosidade e pareceume moi interesante que docentes adiquen parte do seu tempo libre a esta actividade de fomentar o audivisual galego entre os estudantes. ¡¡Un bo traballo!!
    Realmente cando ollei por primeira vez a vosa páxina web, non daba a impresión que estivese orientado mais a escolares que outro tipo de participantes, pero cando estiven na gala e vin o público asistente, as curtas premiadas e os artigos publicados na prensa, quedoume claro.

    Os meus mais sinceros parabéns!!

    PD: Consello gratuito. No primeiro premio que se entregou, apareceu en pantalla o nome dunha curta que non era a premiada. A verdade que o erro non lles gustaría moito, tendo en conta que podíase pensar que terian un premio posterior, xa que o nome estaba preparado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s