41 a 60

41. A Fenda

“Dirección e edición: Eduardo Rey e Santy López
Imaxe: Santy López
– Eduardo Rey é profesor de Inglés e Proxecto Interdisciplinar do IES Gregorio Fernández de Sarria.
– Santy López, fotógrafo profesional, foi profesor durante anos dos cursos de fotografía organizados polo citado Instituto e tamén colaborou con este centro en moitas actividades relacionadas co eido da fotografía e da cutura en xeral).
– Jaime Félix López Arias foi profesor deste Instituto ata o curso pasado. É experto en Historia da Comarca de Sarria.
– Amanda Harvey é profesora auxiliar de conversa durante este ano académico neste centro.
– Os 28 alumnos e alumnas que participan na película están matriculados en 1º de ESO no IES Gregorio Fernández de Sarria e son: Laura, Lorena, Miguel, Alba, Aroa, Adrián, Iria, José Luis, Toñito, René, Juliana, Camilo, Pablo, Juan, Andrés, Cristian, Iago D., Iago L., Pedro, Álex, Lucía, María, Diego, Itziar, Alejandro L., Alejandro T., Alexis e Nerea.

Sinopse:
O documental é unha mestura entre a historia real, na que a Torre de Sarria se está a caer, e a realización dunha actividade polos alumnos para reinvindicar que alguén se faga cargo de amañar a Torre, que ten unha fenda que aumenta día a día.”

A realización deste vídeo é unha das actividades realizadas no Proxecto Interdisciplinar do alumnado de 1º de ESO do IES Gregorio Fernández de Sarria.


42. Día das Librarías

“Dirección, imaxe e edición: Santy López (profesor de cursos de fotografía No IES Gregorio Fernández de Sarria.
Participantes:
Eduardo Rey (profesor do IES Gregorio Fernández de Sarria).
Jaime Félix López Arias (ex-profesor do IES Gregorio Fernández de Sarria e experto en Historia da comarca).
Víctor López (da libraría Galicia de Sarria).
Alumnado de 1º de ESO do IES Gregorio Fernández de Sarria: María, René, Nerea, Pablo, Cristian, Itziar, Pedro, Álex, Andrés, Iago, Lucía, Diego, Alexis, Juan e Juliana.
Música: Dancing Willow
Sinopse:
O vídeo foi realizado durante a celebración do Día das Librarías, o pasado 25 de novembro, celebración que consistíu nun recitado de poemas de Fiz Vergara Vilariño e de Manuel María, ambos poetas moi vinculados á libraría e imprenta Galicia de Sarria, onde se celebrou, e tamén a este IES, por parte do alumnado e profesorado xa indicado.
A actividade foi realizada dentro do Proxecto Interdisciplinar do alumnado de 1º de ESO do IES Gregorio Fernández de Sarria.”

O poeta Fiz Vergara Vilariño, xa falecido, dá nome á biblioteca do IES Gregorio Fernández de Sarria. O poeta Manuel María, tamén falecido e íntimo amigo do anterior, estivo en varias ocasións impartindo charlas sobre literatura galega neste Instituto.


43. A Canción de Manuel

“Textos:Olga Lalín
Música e edición de video: Seso Durán
Unha ollada desde o interior do autismo por parte de dous profes do ensino secundario galego.”


44. Que chega o lobo

Produción: Comecontos Producións
Dirección: Concepción Villar Suárez Villar
Guión: Concepción Villar Suárez
Autores: Alumnado 5 anos EEI Milladoiro (Ames)
Baseada no Libro: “Que llega el lobo”, Autor: Emile Jadoul, Editorial Edelvives

Sinopse: O cervo, coello, porquiño e oso organízanlle unha festa de cumpreanos o seu amigo o lobo.
Feita na EEI Milladoiro (AMES) na hora de “Linguaxe Audiovisual e novas Tecnoloxías”

Es un trabajo hecho por alumnado de educación infantil de 5 años.


45. Luca

“Obradoiro de vídeo “Vagalume” do I.E.S. de Allariz-Ourense
Alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato
Grabada en Allariz no curso 2011-2012″


46. Ophiusa

OPHIUSA (Galiza, 2011). Video arte. (2´36″). 2011. Rodado na Veiga de Eirín, lugar de Abragham, Parroquia de Souto, Concello de A Estrada, Pontevedra. Dirección e guión: Seném Outeiro. Produción: Seném Outeiro e Roi Carballido. Fotografía: Roi Carballido. Sinopse: O azar da natureza, un cruce entre unha experiencia de arte aleatoria e un experimento biolóxico. A música do vento percute no carillón de madeira pendurado das ponlas dun carballo maxestoso situado nunha chaira perdida. Eis o resultado.

Esta peza participou na exposicions organizada pola Universidade de A Coruña a través de NORMAL (Espazo de Intervención Cultural) no Festival SinSal de 2012 celebrado na Illa de San Simón (Concello de Redondela). A peza debía ter duas premisas: Integrar a música e a natureza e non superar os 2 minutos e medio.


47. Día de tormenta

Rogelio Barbosa Correa.

Grabado en maio cunha cámara Sony de alta definición.


48. Do Mª Soliño á Mª Soliña

Joseba3003 (Jose Manuel García Plazuelo), profesor de artes no IES Mª Soliño, colaborador da ONG de fondo Shangaindia para axuda directa a Escola María Soliña.

De acadar premio o ingreso iría á Escola María Soliña da India fundada pola galega Neneta Herrero.


49. Microcurtas Unidas

“Videoclips entregados como exercicios, realizados por alumnos de bacharelato de artes do IES Mª Soliño, unidos e reeditados con música do saxofonista brasileiro Fabio Meneghesso da que temos licenza. Os orixinais tiñan música de Pink Floyd.

Alumnos participantes: Nerea Fernández Martínez, Rita Ferradás Pérez, Romina García Casás, Roberto González Alves, Claudia González Rodríguez, Ivan Grañá Oliveira, Ángel Iglesias Martínez, Lorena Iglesias Paz, Dolores López Romero, Carla Madaleno Iglesias, Kevin Martínez Santomé, Borja Menduiña Martínez, Estefanía Fereijo Omil, Fátima Collazo Bernárdez, Josué Gestido Durán, Sara Gonzalez Gallego, Tania Patiño Fernández, Kevin Santomé Rodríguez, Daniel Álvarez Martínez, Martín Ares Márquez, Marta Brun Palmás, Cristina Crego Fernández, Gabriela Currás Fernández, Raúl Entenza Loira, Raquel Estévez Malvido, Zaida Fazanes Porto, Sara Padín Rosales, Débora Parcero Molanes, Eva Pena Fandiño, Anxo Piñeiro Barcia, Raisa Piñeiro Herbello, Diego Ramallo Lorenzo, Sara Ríos Pérez, Patricia Rodríguez Duduletz, Beatriz Santos Gestido, Amanda Solla Rodríguez, Sergio Souto del Río, Sara Souto González, Claudia Vidal Sanmartín, Sara Viéitez Otero”


50. Os “Pioghosos”

“REPARTO: María Blanco-Fafián, Xosé Eirín e Xabier Marqués
GUIÓN E DIRECCIÓN: Carlos A. Quirós
PRODUCIÓN: Cristina Esteiro e Carlos A. Quirós
DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: Lucía C. Pan
SON: Joaquín Méndez
DIRECCIÓN ARTÍSTICA e CARACTERIZACIÓN: Cristina Esteiro
VESTIARIO: Lucía Barreiro Carballido
MONTAXE: Carlos A. Quirós”

SINOPSE: Cromo e Rufino, dous mendigos, viven da caridade dos cidadáns que están ao seu redor. Tras algún tempo en problemas deciden mudar ao barrio de Vilaseca. A bruxa do restaurante da praza non lles vai poñer as cousas moi doadas.


51. Ao son do Tomasiño

“Este proxecto xurdiu dentro das actividades que se están a realizar no Taller de lectura  e o elenco de presentadores e presentadoras son os  alumnos e alumnas de dito taller: Laura Alonso González, Marta Alonso Roa, Lois Ferreira Carrera, Ruth Gallego Rodríguez, Marta Martínez Prado, Noemi Otero González, Pedro Quinteiro Cotelo, Candela Rodríguez Otero

Coordinadora: Beatriz Fraga Correa”

“É moi importante suliñar que toda a música con instrumentos musicais, pósters e fondos de moitas grabacións, comentarios e moitos efectos sonoros están realizados polo alumnado do taller de lectura e tamén do propio centro escolar; buscando soamente o apoio externo naquelas sintonías xa comercializadas ou efectos puntuais e necesarios.
Como se pode comprobar ao visionar calquera dos cinco programas emitidos o traballo é claramente escolar.
Englobando o desenrolo do programa cara a imaxinación, a creatividade e a fantasía, favorecendo a comprensión e a tolerancia así coma estimulando a creatividade, levase a cabo a actividade entre os diferentes ciclos educativos do centro, encauzada e dirixida polo alumnado que forma parte do Taller de Lectura, que son os alumnos e alumnas de entre 2º e 6º de Primaria, sobre os que recae: promover, investigar, animar, enquisar, crear, manexar a linguaxe, a comunicación … e un sinfín de responsabilidades máis que fan posible a realización positiva do proxecto, eso sí todo dentro dun marco lúdico e distendido.”


52. Regalo por videoconferencia

“Guión y dirección: Francisco Lorenzo
Reparto: Laura Sante, Manuel Luque, Francisco Lorenzo e Lucía Lorenzo”

Esta curta foi grabada con webcams a propósito para que quedase máis crible que as personaxes fixesen unha videoconferencia.


53. Azul

– Filmación e edición de Vídeo: Lorena Estraviz, Ruth Outes, Marta Balo, Mónica Bahamonde, Adrián Cora, Juan Manuel Ferreira.
– BSO: “Se dejaba llevar”, por Antonio Vega
– Dirección: Álvaro José Pérez Vilariño

“Documental sobre a visita de dous reclusos do programa ANOCA (aprender no cárcere) ao IES Manuel García Barros da Estrada, Pontevedra.
Realizado por alumnos de TIC de 1º de Bacharelato”


54. O Antídoto

Sinopse: Un grupo de rapaces dubidan que facer para o seu traballo de ciencias naturais. O feito de que a maioría do seu entorno fume fai que se decidan por unha idea disparatada de consecuencias inesperadas.
Autores: alumn@s e profesor@s do CPI Cabo da Area de Laxe. Os alumn@s protagonistas son os alumn@s Lucía Devesa, Moisés Ordóñez, Julieta dos Santos e Martín Andrea e a profesora Luz María Leira. Como coordinadores: María Jesús Graña e Juan Linares

A través da experiencia duns rapaces no seu centro educativo, a  curtametraxe afonda no absurdo de iniciarse no tabaquismo a na responsabilidade dos maiores que, inconscientemente, serven de exemplo.


55. A Lingua sabe a Pan

“Colexio Público Integrado Virxe da Saleta.
Dirección musical e letra: Martiño Ramos.
Dirección do vídeo: David González”

Este é un traballo realizado polo colexio de Cea, un pequeno pobo de Ourense, onde participaron todas as etapas educativas dende infantil ata a ESO.


56. Preocupacións

Realizado polos alumnos de 4º de ESO en ética no Colexio público integrado Doutor Daniel Monje , de Navia de Suarna, o curso 2009-2010, baixo a dirección de David González.

Esta curta foi escrita e animada íntegramente por alumnos de 4º de ESO, sen ningún tipo de experiencia previa no campo do audiovisual. Podedes ver como se fixo no making off.


57. Muted

“Produción: EIS Lugo (Fundación TIC)
Director: Alejandro Míguez
Produtora: Leticia K. Arias
Actor y montaje: Carlos Toledano
Actriz: Samai Rodríguez
Cámara y Sonido: Diego Grande
Dir. Fotografía: Miguel Grandío”

“Foi un proxecto escolar realizado no 2011 para o módulo “”Produción de cine”” por 5 alumnos de primeiro curso do ciclo superior de Produción de Audiovisuais.
O reto era facer unha curta sen diálogos e dentro do recinto escolar. Feito co material técnico da Fundación TIC e cun presuposto de menos de 10€.”


58. Telexornal Paz Andrade

“Presentación: Laura Ríos, Iria Gómez, Roi Gómez, Xulia Gil, Mariña Amo.
Voz en off: Zeltia Iglesias e Xulia Gil.
Rexedora: Zeltia Iglesias.
Axudante de son: María Penedo.
Script: Andrea Iglesias e María Penedo.
Guión: Sara Paz.
Gravación e edición: Luís Aldegunde.
Produción: CPI dos Dices, Rois.”


59. O Nome

“Realizado no IES Francisco Asorey polos alumnos e profesores: Silvia García González, Carlos Miñambres, Santiago Rey, Alumnos de 4º ESO.

Sinopse:

Unha alumna do instituto que queda dormida no instituto busca a forma de sair mentres o conserxe vai pechando portas e distraese cun programa concurso da televisión…”


60. O Bucle das Zamburiñas

“Curta dirixida e escrita por: Paulo García Seco
Actores: Javier Caínzos López e Paulo García Seco
Cámara principal: Miguel Álvarez Campana
Cámaras axudantes: Javier Caínzos, Paulo García e Sergio García Miramontes.
Montaxe: Paulo García Seco
Música utilizada: ”O Lago dos Cisnes” de Piotr Ilich Tchaikovski, de dominio público.
Grabada en A Coruña, Maio do 2012. Alumnos do instituto IES Rafael Dieste.”

‘Unha aburrida tarde, un par de amigos pasan o tempo vendo a tele, cando a un deles se lle ocurre unha idea que pode cambiar o mundo…”


<< Anteriores Vídeos ]     [ Inicio ]     [ Seguintes Vídeos >> ]


One Response to 41 a 60

  1. roxelio barbosa correa di:

    Jose Manuel, gústame a montaxe, ¡noraboa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s