No ano 2008, un grupo de profesores e profesoras do ensino público procedentes de diversos puntos de Galicia, reúnense na comarca da Barbanza e fundan o grupo Rodaxe para dar saída ás súas inquietudes comúns no mundo audiovisual.
Desde o 2010, froito do traballo deste grupo, vénse celebrando anualmente o Festival Audiovisual Olloboi, orientado ó ámbito escolar desde o ensino primario ata o superior.
No ano 2012 o grupo Rodaxe decide contituirse en asociación sociocultural sen ánimo de lucro e pasa a denominarse Marearte primeiro e Olloboi desde xaneiro do 2016, incorporando profesionais de ámbitos alleos á docencia e ampliando a súa actividade a todo tipo de expresión artística.
Máis información: info@olloboi.com
Boas noites:
So era para agradecervos o premio a mellor curta. Veño de ver a gala pola televisión e quería felicitarvos polo bo facer.
Graciñas e ata o ano que vén.
Senin Porto (Cartones)