Vídeos (1 – 10)

1. Cando eu nacín

“Profesores/as: Francisco Ávila Sánchez e Eva Castro Blanco
Participantes: Alumnado de Infantil e Primaria do CPI de Xanceda do curso 2009/2010.
Duración: 10:58
Adaptación a formato audiovisual e ao galego do conto: “”Quando eu nasci”” de Isabel Minhós, coa súa autorización.”


2. Os trece anos de Branca (versión I)


“Sinopse: Baseada nunha na novela de Agustín Fernández Paz, a curtametraxe “Os trece anos de Branca (versión I)” reflexiona sobre o paso do tempo e a difícil etapa da adolescencia. Branca percibe por primeira vez como muda o seu corpo e como se transforma a súa personalidade. É moi duro aceptar un novo corpo, e se isto vai unido á falla de comunicación cos seus país, os conflitos co mundo dos adultos, a vivencia do primeiro amor…
Duración: 02:08
Guión: María Santamariña Ruíz de León e Alba Grueiro Pérez
Participantes: María Santamariña Ruíz de León (actriz) Alba Grueiro Pérez (voz en off)
Gravación e edición: Xesteira Films. EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero.”


3. Os trece anos de Branca (versión II)


“Sinopse: Baseada nunha na novela de Agustín Fernández Paz, a curtametraxe “Os trece anos de Branca (versión II)” reflexiona sobre o paso do tempo e a difícil etapa da adolescencia. Branca percibe por primeira vez como muda o seu corpo e como se transforma a súa personalidade. É moi duro aceptar un novo corpo, e se isto vai unido á falla de comunicación cos seus país, os conflitos co mundo dos adultos, a vivencia do primeiro amor…
Duración: 04:28
Guión e participantes: Gema Anaís Buyo Collazo, Kevin Rubianes Deive, Lorena Varela Infante, Daniel Vázquez Coira, Marta Vidal Martínez e Sergio de Bernardo Iglesias.
Gravación e edición: Xesteira Films. EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero.”


4. Os Dereitos Humanos


“Sinopse: A modo de diálogo improvisado, este documental pretende achegar á mocidade a importancia do respecto a todos os seres humanos, a través da visión fresca, espontánea e emotiva de dúas adolescentes. Luz Mery e Jaqueline reflexionan sobre os Dereitos Humanos e a necesidade dun compromiso conxunto, para axudar a transformar o mundo. Unha proposta audiovisual de Monferosolidario, proxecto de educación en valores que está encamiñado a construír unha cidadanía activa, participativa e responsable no CPI Virxe da Cela (Monfero)
Duración: 09:01
Guión: Monferosolidario
Participantes: Luz Mery Barral Bouzón e Jaqueline López Pérez
Gravación e edición: Xesteira Films. EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero. ”


5. A Lei Antitabaco


“Sinopse: A Taberna de Antonio é un punto de encontro dos veciños da aldea, onde acoden tras rematar a xornada laboral. Neste local tan acolledor e familiar, Antonio, o seu entrañable camareiro, invitará aos seus clientes a reflexionar sobre os temas máis diversos: a lei antitabaco, as drogas, a televisión de pago, etc. En clave de humor e cheo de alusións a propia idiosincrasia galega, todos os capítulos de A Taberna de Antonio abordan problemáticas de actualidade que estanse a traballar na materia de Educación para a Cidadanía do CPI Virxe da Cela.
Duración: 04:26
Guión: Monferosolidario
Participantes: Adrián Carballeira Maroño, Antonio González López, Diego Rodríguez López, Óscar Domínguez Naveiras.
Gravación e edición: Xesteira Films. EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero. ”


6. Enredado


“FICHA TÉCNICA
Produtora: Aturuxo films – IES Cacheiras
Produción: Daniel Cajade
Dirección: María Rego
Guión: Tania Munín / María Rego
Storyboard: Sergio Clavero
Fotografía: Laura Queiro
Son: Xeila Dopazo
Montaxe: Sergio Clavero / Andrea Campos
Videocreación: Laura Montes / Natalia García, Lorena Fernández / Víctor Hugo Núñez
Actores: José Losada, Fernando Tato, Darío Loureiro, Cristóbal Caramés
Making off: Brais Rodríguez, Roi Méndez
Ano produción 2010
Duración 9´50”
SINOPSIS
A soidade.
Un reencontro inesperado remove recordos, temores e remordementos da infancia en dous antigos amigos.”

“Aturuxo films é unha experiencia educativa no ámbito da creación audiovisual que se desenvolve no IES Cacheiras.
ENREDADO.
Curtametraxe realizado polo alumnado de 1º de bacharelato de Cultura audiovisual do IES Cacheiras con actores profesionais cos que eles mesmos contactaron. Reflexiona sobre a soidade nunha sociedade tan individualista e as súas posibles consecuencias.
www.aturuxofilms.wordpress.com


7. A Muller Lamprea


“Unha animación dos alumnos de 1º ESO C e D do IES as Barxas de MOAÑA, feito en educación plástica e visual, a partir dun fermoso conto da “profe” Iria Collazo, “a muller lamprea”, na sua loita pola recuperación do galego””. Técnica STOP MOTION”

“Un traballo en equipo, onde o mais difícil foi coordinar os dous grupos de primeiro e repartir o traballo. Dividimos a animación en escenas de forma que cada grupo fíxose cargo dunha escena, escenario, personaxes e stopmotión . A animación de textos realizouse con diferentes programas online ,capturados en vídeo da pantalla do computador.”


8. Contradanza


“AUTOR:Adrián Martínez de 1º bach do IES as Barxas, (MOAÑA), PONTEVEDRA. Técnica stopmotión, ca cámara web”


9. Pilares da vida


“Traballo realizado polo obradoiro de vídeo “Vagalume” do IES de Allariz-Ourense, en colaboración coa biblioteca do instituto.”


10. Flor de esperanza



“Autoría da curta: María Cabaleiro Alfaya
Correo: m.c.alfaya@gmail.com
Actores e actrices: Paula García Alfaya, Marcos García Alfaya, Ana Cabaleiro Alfaya, Melissa Domínguez Rodríguez, Mª Victoria Cabirta Acuña, Noelia Pérez Pereira
Dirección, gravación e montaxe: María Cabaleiro Alfaya”


Se queres saber máis sobre Rodaxe e OlloBoi volta ao Inicio


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s