Vídeos (31 – 40)

31. Subsuelo


“Fixen algunha transformación da montaxe orixinal do autor cambiándolle a banda sonora da que non tiña dereitos de autor (a que agora leva é facilitada por Apple) e acelerei a secuencia co meu ordenador xa que os medios cos que contamos no noso centro son moi escasos.
Montaxe orixinal: http://www.youtube.com/watch?v=_T_BMG-ULa8

“Curta de animación de 50 segundos, 2º capítulo dunha serie creada por Juan Molina Fernández, alumno de 2º de Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas. Participou o curso pasado de xeito voluntario no taller de animación dos recreos. http://animacionblog.blogspot.com
E gañador da semana de Comic 2011 de Cangas.”


32. Unha de Piratas


http://kulturaaudiovisual.blogspot.com
Curtametraxe. Curta para a 1º avaliación dirixida, rodada e mOntada por:
Antia Ferradás, Kevin Martinez Santomé, Laura Chapela e Nerea Moldes Lemos ALUMNOS DE 1º de bacharelato para a asignatura Cultura Audiovisual do curso 2010-2011 no IES María Soliño da Península do Morrazo (Pontevedra). Alumn@s de Bueu, Cangas e Moaña.”


33. Comunicando


“Vídeo realizado na clase de Tecnoloxía como proposta de traballo no tema de Tecnoloxía da Comunicación. Intentamos facer algo positivo sobre a interación Sociede – Tecnoloxía pero saiunos isto 🙂
Algúns dos alumnos viron demasiadas vecesa ao longo do curso a peli THE WALL”

“Director e guionista: Alex Da Rocha (co asesoramento do profesor, Daniel Rodríguez)
Actores: alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º A do IES Alexandre Bóveda, curso 2009-2010”


34. Unha flor de papel


O cine pode chegar a involucrarse tanto nas nosas vidas, que moitas veces nos fai soñar…
Raquel Xallas, Mari González Sobrido, Fátima Sampedro Vidal, Lorena García Álvarez, Noemi García López, Elvira Blanco


35. Obliviate


36. Lipdub Fontem Albei


Autoría: IES Plurilingüe Fontem Albei, A Fonsagrada.
Guión e dirección: Rubén Pol Valiño, Evaristo Carlos Pardeiro López, Sabela Figueira Tenreiro
Participación de toda a comunidade educativa. Alumnado da ESO e BAC, claustro de profesores/as, cociñeiras e personal non docente.

“Dende o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo-Galiza) plantexamos este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios, aproveitando as potencialidades das TIC, para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas:

0 Xeneralidades. Dicionarios. Enciclopedias. (Cor Marrón)
1 Filosofía. Psicoloxía. Ética. (Cor Azul claro)
2 Relixión (Vermello)
3 Ciencias Sociais (Laranxa)
4 Baleiro (Negro)
5 Matemáticas. Ciencias Naturais (Verde)
6 Ciencias Aplicadas. Medicina. Tecnoloxía (Cor azul oscuro)
7 Arte. Música. Deportes. Espectáculos (Cor rosa)
8 Lingüística. Literatura (Cor Amarelo)
9 Xeografía. Biografías. Historia (Cor branco)

Por outra banda, esta actividade serviunos para fomentar a implicación de toda a comunidade educativa nun mesmo proxecto así como para crear un ambiente de distensión e participación, en definitiva: bo rollo.”


37. Biblioman


Autoría: IES Plurilingüe Fontem Albei, A Fonsagrada.
Guión, dirección e postprodución: Rubén Pol Valiño, Evaristo Carlos Pardeiro López, Sabela Figueira Tenreiro.
O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia está contribuindo a por en valor estes espazos educativos, fomentando a innovación e a calidade do ensino. No IES Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo), empregando a ironía, a retranca, o humor e a provocación, damos a nosa particular versión do noso primeiro ano como centro que forma parte do PLAMBE.


38. Os sabores de Europa


Coordinación e dirección: Josebe Arrillaga
Gravación: alumnos de 1º Bach. que cursaron a asignatura de debuxo Artístico I
O documental fixose no marco de “os sabores de Europa” (programa Comenius) e pretende mostrar noso pobo (O Grove) e as costumes de mercar.


39. Lip dub IES Monte da Vila


Coordinación e dirección: Ángeles de la Sota
Guión: grupo de alumnos
Gravación e montaxe: Josebe Arrillaga
Paritcipantes: preto de 200 alumnos e un grupo de profesores
Este ano celebramos o 25 aniversario do centro ies Monte da Vila. Ángeles de la Sota propuso facer un lip dub. Foron moitos alumnos os que se presentaron en su aula de música para elaborar, elexir a música, crear a coreografía, organizarse por grupos para ensayar…
Este é un lip dub onde colaboran moitos e foi grabado sin previo ensayo xeral. Estamos moi contentos de que os rapaces se organizaran deste xeito.


40. O tren xa non para aquí


“Realizado por alumnado de Adultos do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Guión e dirección: Iván Miguélez
Coa colaboración de Mari de Piloño e Xosé Fuentes.
4.21 minutos”
Documental de carácter moi persoal sobre o abandono das estacións de tren do rural galego.


Se queres saber máis sobre Rodaxe e OlloBoi volta ao Inicio


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s