61. Manolo, O Morcego Curioso
“PARTICIPANTES: Belén Rodríguez González, Conchi Villar Suárez, Patricia Doval Rodríguez
FICHA TÉCNICO-ARTÍSTICA
Xénero: Curtametraxe de Animación
Ano: 2012
Duración: 13:42 min.
Lugar: EEI Milladoiro (Ames), CEIP Manuel Sieiro (Crecente), CPR Luis Vives (Ourense)
SINOPSE: Manolo, un morcego moi espelido, adicase a curiosear polos pobos e vilas de Galicia, tentando axudar á nai natureza, recordándolles aos nenos e nenas que debemos coidar do noso medio ambiente para poder crecer sans e fortes.
Produción: Proxéctate con Nós
Guión orixinal: 5º A CPR Luis Vives Ourense
Dirección: Patricia Doval, Belén Rodríguez e Conchi Villar
Dobraxe de voces: 5 EEI Milladoiro Ames, 3 e 4 anos CEIP Manuel Sieiro Crecente e 5º A CPR Luis Vives Ourense
Deseño de fondos, decoración e personaxes: 5 EEI Milladoiro Ames, 3 e 4 anos CEIP Manuel Sieiro Crecente e 5º A CPR Luis Vives Ourense
Cámaras: 5 EEI Milladoiro Ames, 3 e 4 anos CEIP Manuel Sieiro Crecente e 5º A CPR Luis Vives Ourense
Narrador: KiKe Pellejero
Música e letra: José Luis Rodríguez
Música: Sito Vilhar
Postprodución: Patricia Doval, Belén Rodríguez e Conchi Villar
“Esta curta de animación, é o resultado dun PROXECTO COMÚN, baseado na COOPERACIÓN de 3 profesoras de 3 provincias da nosa comunidade (3 realidades diferentes e 2 etapas educativas distintas) para fomentar A LECTURA e O RESPETO POLO PLANETA, tendo como protagonistas principais os morcegos, animais moi pouco coñecidos e moi beneficiosos para o medio ambiente.
Os nosos protagonistas tratan de coidar o planeta usando o diálogo e a comunicación como ferramentas.
Recoñecendo, deste xeito, que este ano 2012 é:
– ANO INTERNACIONAL DA ANIMACIÓN Á LECTURA,
– ANO INTERNACIONAL DOS MORCEGOS
– ANO DAS ENERXÍAS RENOVABLES e
– DO COOPERATIVISMO.
Todo o proceso pódese ver no noso blogue: http://proyectateconnosotros.blogspot.com.es/”
62. Mural
“Time-lapse dun mural realizado polos alumnos de 3º ESO ( educación plástica e visual ) do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón ( Dodro )
José Andrés Barreiro Garrido, Yago Domínguez Rodríguez, Martín Franco Conde, Daniel García Castiñeiras, Daniel Gey Pérez, Andrea González Romero, Sandra Mariño Cortegoso, Noemí Sóñora Mayo”
63. A Vella Lulula
Autores: Cristina Campos Pérez, Marcos Neira Cabado, Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez. Mestres do CEIP “A Lama” – A Lama (Pontevedra)
Colaboracións:
Alumnado de Infantil e Primaria do CEIP A Lama
Vestiario – Teresa Couto Paz, mestra do CEIP A Lama
Decorados – Fernando Rodríguez González – mestre xubilado
Música – grupo Maktúbikan (nai dun alumno do centro)
Adaptación do conto orixinal “A Vella Lulula”
Texto: Mar Pavón
Ilustracións: Alessandra Cimatoribus
Editorial: OQO
64. Sombras
“Dirección –> Daniel Suárez García
Produción –> Magdalena Adrover Gayá
Axudante dirección –> Denís Iglesias Llamas
Guión –> Evaristo Crespo García
Dirección de fotografía –> Alberto Mato Vázquez
Entrevistados (por orde de aparición): Jose Manuel Duarte, Ángela Vergara Núñez, Maximiliano Santamaría, Javier García Sánchez, Susana de la Iglesia, María Díaz de Pablo, Vicente Sanciprián, Benito Lamas, Patricia Camiña, Ricardo Morales Osuna
Figurantes
Mendigo –> Denís Iglesias Llamas
Testemuña –> Magdalena Adrover Gayá
Voces
Narradora –> Magdalena Adrover Gayá
Mendigo –> Luis Iglesia Besteiro
Testemuña –> Iria Cabado Méndez
Banda Sonora Orixinal
Teclados –> Daniel Suárez García
Guitarra –> Manuel Rey Veloso
Batería –> Víctor Castro Bernárdez
Equipo técnico
Entrevistadores –> Denís Iglesias Llamas, Nuria García García y Magdalena Adrover Gayá
Cámara e son –> David Lema Pérez
Son en estudio –> Sandra Ferreiro Pampín
Montaxe –> Beatriz Dono García y Nuria García García
Posprodución –> Sandra Ferreiro Pampín y David Lema Pérez
Vídeos de arquivo (por orde de aparición): La sombra de Peter Pan (Teatres de la Llum), Get Well Soon (Philipp Hofen), IAMX Song of Imaginary Beings (Verena Paloma Jabs), Los Jardines de Giacometti (Teatres de la Llum), Películas de Lotte Reiniger (Cinema 16 en Vimeo), Sueños de Sombras (Teatres de la Llum), Invention of love (Andrey Shushkov), Face to face with Carl Jung (The Spirit Connect), An underwater tale (Adam Proctor), London Bus Tour (Moritz Oberholzer), Nosferatu (F.W. Murnau), Using a gavel (random514), Dusk (Matt Radford), Media Edge (Internet Archive), Iranian Student Demonstration (Internet Archive)
Agradecementos
* Ós entrevistados, por regalarnos o seu tempo e descubrirnos as súas historias
* A Cáritas, por recibirnos cos brazos abertos e axudarnos a encontrar aos entrevistados
* Ó Centro Vieiro, pola súa hospitalidade e á labor que levan a cabo a diario
* A STOP Deshaucios, por presentarnos a María e a Susana, e loitar pola xustiza social
* A Emiliano e a Diana, pola súa paciencia como anfitrións e coelliños de indias
* A todos aqueles que decidiron gravar as manifestacións do #15M, #OccupyWallStreet e #Spanishrevolution e outras: Serafí Lliteres Maçanet, Iván, A. Carrero, Alba Gallego, Mon y Kristopher Rae.
* Á USC e aos técnicos, por cedernos os equipos
* A todos aos que sen a súa axuda este documental non tería sido posible: Xacobe González Castro, Cibrán Tenreiro Uzal, Diego Ares Tapia, Lucas Fernández Martínez e Xaime Fandiño
Sinopse: Son o resultado dunha sociedade incapaz de adaptarse aos problemas que ela mesma xera, pero é a eles a quen chamamos “inadaptados”. Son as nosas sobras, nosas “sombras”, unha parte ¿inerte? de nós mesmos, capaz de relucir até a extinción para facerse ver. Por iso, nestes tempos de crise, decidimos buscar nos nosos olvidados aquelas solucións que, tal vez, xa só eles lembren.
65. Historia de una vida
Dirección, guión, diseño gráfico, montaje y voz narradora: María Cabaleiro Alfaya
Voz del huevo: Paula Gracía Alfaya
Música: “Kiseki” (de Greeeen) versión instrumental de Haketa Takefumi & Takami Yu
66. A danza dos cabelos no ar
Dirección, guión, camára, fotografía e montaxe: Berta Nalúa
Música: Við Vorum smá. Oláfur Arnalds
Peza de video poesía.
Quen non ve a beleza das pequenas cousas está cego de vida.
67. No silencio, o vento fala
Dirección, guión, fotografía, cámara e montaxe: Berta Nalúa
Actor: o vento
Peza de video poesía.
O vento marmura. Só tes q escoitalo.
68. Voces do Salnés
Realizado polos alumn@s do IES Francisco Asorey de Cambados.
69. A Homosexualidade
Fabián gómez Ces, Uxía Lojo López, Beatriz Castiñeiras Mirón
Ficha técnica:
Título: A homosexualidade
Autores: Fabián Gómez, Uxía Lojo e Beatriz Castiñeiras
Directores e Productores: Fabián Gómez, Uxía Lojo e Beatriz Castiñeiras
Editor: Fabián Gómez Ces.
Género: Documental.
Duración: 12:59 minutos.
Ano: 2012
Todo o material foi recopilado, producido e editado por alumnos de 1º de bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo.
70. Bilingüismo Cordial
Produción, Montaxe, Interpretación, Guión e Dirección: Daniel Villaverde
Fotografía, Son e Música: Rubén Lino Mandado
Chapa e pintura: Silvia Sanmartino Cuesta
Un mozo cun currículum excelso acode a unha entrevista laboral para ocupar un importante cargo. Todo indica que o posto será para el, ata que abre a boca… e fala galego.
71. A actividade estética máis antigua
Videoarte de Pedro Campos, alumno de 2º de Bacharelato no IES Praia Barraña de Boiro.
Lectura por él mesmo do seu relato “Cando les un deses libros”
Montaxe con diferentes Imaxes collidas da película “2001: Unha odisea no espazo” e as cancións “And gods made love” e “Little Wing” de Jimi Hendrix, “Shadow” de Brian Eno, “The heavenly music corporation” de Eno&Fripp, “Drem Brother” de Jeff Buckley e “Let there be light” de Mike Oldfield…entre outras
Remesturado e editado por Pedro Campos.
Boiro, Maio 2012
“Cando les un deses libros…
If the doors of perception were cleansed everything would appear to man as it is: …infinite
William Blake
Unha paisaxe chea de verbas esotéricas poden facer que te sintas confuso… perdido na brétema un día á noite; contraditorio?…
Acta xudicial: “suxeito acusado de intentar influír no pensamento das persoas dicindo que hai outra realidade detrás dun muro(¿?) que el mesmo fixo que se convertera en labaradas.”
Cando te preguntas se a ilusión e a realidade son sinónimos, voltas a ese estado de perplexidade que te leva á caótica barafunda do mundo intelixible rexido por todo o que lle faltaba por saber ao Sr. Tóseca, e que nunca ninguén chegará a saber… ou a comprender. De todos xeitos comprender algo que vén doutro mundo entendo que poida resultar complicado incluso para algunha parte do noso corpo que xa o sabía…
Parte médico: “confusión absoluta, euforia, analxesia, alucinacións visuais e auditivas, notable dilatación das pupilas, diminución da presión arterial. admírase por movementos e demais a sensación da perda de peso, visión agrandada dos obxectos e alteración na percepción espazo -temporal, o paciente está totalmente fóra de si.”
Os pensamentos vólvense difusos e acabas de queimar o muro, descobres o ilusoria que era a túa realidade; enxergas a verdadeira veracidade, que non é máis que outra ilusión ficticia na que atopas algo máis que as sombras que che ataban á ignorancia, o único tanxible no seu palangre. E agora abres ese libro que te agarda ao final do dédalo paisaxístico; o único labirinto que conduce ao arroubo. Xa non hai límites para ti, e o ruín da vida atópase nunha caixa imposible de abrir, inviable de percibir, facéndoche pensar que aínda queda algo por pasárseche de longo, de algo que remata ou dalgún sentimento, orixe, razón ou sentido que a ninguén lle importa. Son cousas do traxecto… ou do momento tal vez; tamén son continuas escusas para manterse de pé. Pero agora xa non serve ningún pretexto e sería un chiste levantarse porque volverías a caer cantas veces
o intentases.
Condena a morte…
Sube ao coche.
(…)
Dixen que subas ao coche!
(…)
E recordei moitas cousas cando meteu primeira… todos os anos que pasaron mentres nadaba neste océano que fai vello e que obriga a facer o que queren, coa condena de ter ese ruído de reloxo que leva este universo mecánico á perfección absoluta… por iso sabía que ías meter segunda; (polo tac tic mailo cuco… cuuu, cuuuuuu… )terceira e quinta… pasando pola cuarta, que fala de moitas cousas… do meu, do noso do que acontece se pasa iso ou aquilo… a cuarta… para min un poema, un poema da vida ao que chamaría Ohil Neshla…
E por fin chegou a sexta, nesta autovía 2001 do estado con numerosos sinais confusos, cores e espirais, unha odisea no espazo mirando cara a man aberta, suxeitando o destino… ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito,ata o infinito…
Sabor amargo. Sentín correr a brea polas veas como se das rías se tratasen; todo remata, este mundo ilícito e mórbido déixame sen condolencia e agarda a que me arrepinta de xeonllos ou proteste como outros. Pero NON. Só quedan na miña vida os coñecementos e os recordos desa canción feiticeira leda e eterna… mentres todo dá voltas en perfectas circunferencias sen sentido…
Este, é o fin;
belido amigo…
este é o final,
meu único amigo,
o final.
(The Doors)
PEDRO CAMPOS
72. Marcelo fai amigos
[ Vídeo accesible en http://www.edu.xunta.es/centros/ceipapostolosantiago/node/90 ]
Alumnos do primeiro curso de educación primaria coordinados por Xabier Baldomir Pego
73. Cartones
Dirección: Senin Porto
Producción:Senin Porto, Martin DeSoto
Son: Cristina Morquillas
Fotografía: Xosé Tubío
Música: Manuel Riveiro
Reparto: Fernando Morán, Vicente de Souza
Unha pequena peza muda acerca das vidas que vemos pasar ó noso carón sen que apenas apreciemos as súas pequenas ou grandes traxedias.
74. Asorey
Video realizado polo Taller Lumiere do IES Francisco Asorey de Cambados.
Editado e Realizado por: Fernando Tomé Rodríguez
Jesús Barco González e Santiago Rey Gorís
Video documental da vida e obra do escultor cambadés Francisco Asorey, donde podemos ver ademáis da maior parte da súa obra, comentarios de historiadores, escultores e alumnos do IES Francisco Asorey de Cambados…
75. Lady Labyrinth
Idea orixinal e cámara: Raquel Rodríguez Jallas
Reparto: Estefanía Romón Villalobos
76. Já somos zombies
NOXO films:
Interpretes: Gilho, Suite, Santonio, Prego, Laura Espasandín
Director/Guión/Montaxe: Miguel Calvo
Arte/Maquillaxe: Ana Gesto
Vestiario: Liliana Ríos
Cámara: Manuel Suárez
Videoclip para o grupo Chícharo Psicótico, procedente de Ordes (A Coruña)
Rodado en Ordes nun día (7 de maio do 2011), cun presuposto de 500€!
77. Vive o momento
Curta realizada por alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO do IES Praia Barraña.
78. Corazón inflamable
Claudia Vidal Sanmartín para cultura audiovisual Artes
Música libre de derechos de autor
79. Amores Prohibidos 2.0, making off
“Laura Triñanes Romero e Sara Hermo.
80. Lembranzas dun pobo
Realización e montaxe: Nacho L. Tella, Dani Canto
Unha curta documental sobre San Felipe, barrio mariñeiro da ría do Ferrol. Falamos con as súas xentes para que nos contaran como se vivía nos anos 60.
[ << Anteriores Vídeos ] [ Inicio ] [ Seguintes Vídeos >> ]
voto, por el numero 79
Voto ao número 80 “lembranzas dun pobo”