Xurado

Como en edicións anteriores, temos a honra de contar con axuda altamente cualificada para escoller de entre tan bos e numerosos traballos os que gañarán o certame deste ano. Dada a natureza do festival, cremos que un xurado óptimo é aquel no que estea representado o sector docente (de onde proveñen algo máis do 80% dos traballos), o sector profesional do audiovisual e a propia asociación. Axudarannos nesta ocasión Manolo González e Mónica García, quen ademais nos fará o agasallo de presentar a Gala de entrega de premios que terá lugar o 23 de maio ás 21:00 h. na Casa da Cultura de Boiro.

Mónica García  é unha actriz de teatro, cine e TV nacida en Agolada, Pontevedra. Moi querida polo público tralo seu paso pola serie da TVG  Pratos Combinados (1995), o seu maior recoñecemento teno no teatro, onde hai máis de 20 anos q colabora coa compañía Chévere, con quen gañou o último dos 3 premios María Casares que tén. En cine puido verse, entre outras, en Los Lunes al Sol (2002), One Day in Europe (2005) ou Invasor (2012) e Valderrei (2007), e tén por estrear A Esmorga, de Ignacio Vilar.

Manolo González foi impulsor e director da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e dirixiu con gran eficacia a Axencia Audiovisual Galega, deixando grande pegada na historia do cine galego contemporáneo (a el se deben, entre outros, Flocos TV, o crecemento do novo cinema galego ou a importación do modelo de xestión Quebec para Galicia). Aínda que a profesión do audiovisual lle profesa enorme respecto, como testemuña o premio de honra Fernando Rey que lle foi concedido dos Mestre Mateo 2014, Manolo González prefire exercer a súa profesión de docente en San Sadurniño. Unha traxectoria tan soberbia coma a súa acaso se teña tecido nas moitas sesións que pasaría no cine de seu pai cando el era o (para tantos querido) Manoliño da Rúa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s