Olloboi 2016

A nosa asociación cultural medra grazas ós seus cómplices, e así medra tamén o proxecto Olloboi. Temos previstas agradables sorpresas para esta edición, pero coma sempre, van estar suxeitas a atopar a financiación necesaria. Redactamos un proxecto co que pedir axudas ás institucións, actualizamos a nosa videoteca, e temos xa as bases xerais para este ano, pero a peza fundamental sodes vós, creadores e creadoras dos centros escolares galegos. Precisamos das vosas videocreacións, da vosa ilusión, e se queredes ir un paso máis aló, da vosa axuda económica: en breve lanzaremos unha campaña de crowdfunding. 

Non imos poñer o carro diante dos bois, así que… axudádesnos a organizar o…

….. Olloboi 2016??