Gañadores 2012

banderola-web-20121

Xa temos gañadores dos premios Olloboi 2012!!

Os premios entregáronse onte na gala que tivo lugar na Casa da Cultura de Boiro. Desde a organización queremos agradecer a presencia a todos os asistentes, especialmente aos finalistas que se achegaron de moi diversos lugares de Galicia. Todos eles, gañadores ou non, presentaron excelentes traballos e recibiron un diploma acreditativo da súa participación.

Moitas grazas tamén a todos os que fixeron posible levar a bo porto unha iniciativa sen ánimo de lucro coma esta: participantes, patrocinadores, xurado, o presentador da gala Tonhito de Poi, etc. Sen a súa colaboración desinteresada todo isto non tería sido posible.

Parabéns a todos os gañadores!!

Premio do Público

64. Sombras

Mellor Documental

64. Sombras

Mellor Guión

1. Musicando Arbo

Curta de Ficción Escolar

60. O Bucle das Zamburiñas

Olloboi Escolar

55. A Lingua sabe a Pan

Olloboi

73. Cartones

E para os que non puidéstedes asistir á gala, lembrade que podedes disfrutala en diferido na emisión que fará para toda Galicia o Canal Rías Baixas, onde se emitirá o Luns 25 ás 22:30 e o Martes 26 ás 14:35. Sintonízao na TDT ou a través de R no dial 134.

Canal Rias Baixas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s