21 a 40

21. Eu falo galego porque…

Dirección, cámara e montaxe: Javier González Garrido.
Produción de “Édelingua”, Equipo de Dinamización Lingüística do IES O Mosteirón, de Sada (A Coruña).

Eu falo galego porque…” é unha curtametraxe de 2´52’’ que fomenta o uso do galego. Rodada en Sada e na que participan distintos membros da comunidade educativa do IES O Mosteirón.


22. Na oficina de obxectos perdidos

Dirección, cámara e montaxe: Javier González Garrido.
Produción de “Édelingua”, Equipo de Dinamización Lingüística do IES O Mosteirón, de Sada (A Coruña).

“Na oficina de obxectos perdidos” é unha curtametraxe de 6´40’’  baseada nun texto de Séchu Sende, recollido en “Made in Galiza”, publicado por Galaxia.”


23. As mazás casamenteiras

Dirección, cámara e montaxe: Javier González Garrido.
Produción de “Édelingua”, Equipo de Dinamización Lingüística do IES O Mosteirón, de Sada (A Coruña).

“As mazás casamenteiras” é unha curtametraxe de 9′ 06” baseada nun texto de Séchu Sende, recollido en “Made in Galiza”, publicado por Galaxia.


24. Galego, todo o que buscas

Dirección, cámara e montaxe: Javier González Garrido.
Produción de “Édelingua”, Equipo de Dinamización Lingüística do IES O Mosteirón, de Sada (A Coruña).

“Galego, todo o que buscas” é unha curtametraxe de 5′ 44”  que fomenta o uso do galego. Rodada en Sada e na que participan distintos membros da comunidade educativa do IES O Mosteirón.


25. Unha Bruxa en Internet

DURACIÓN: 8 minutos 50 segundos máis 1 minuto 94 segundos de tomas falsas e créditos: TOTAL 10 MINUTOS 44 SEGUNDOS.
PERSOAXES: Profesora (Contadora de Soños), Neno Durminte (Josito), Narradora (Alba), Matapitos (Andrea), Casilda (Isabel), Conserxe (Pablo), Ordenator (Carmen), Alumn@s (resto de nen@s de 6º B do CEIP Barrié de la Maza-Santa Comba).
ESCENARIOS: Entrada Colexio, Despacho da Directora, Aula, Conserxería, Aula de 3 Anos B, Biblioteca, Escaleiras do Centro.
VESTIARIO: roupa informal dos alumn@s, batas e mandís da casa.
BANDA SONORA: 20 Rodeo (Radio Mix)
MONTAXE: Carmen Lodeiro (Vegas Movie Studio HD Platinum)
CÁMARA: Alumn@s de 6ºB

Baseado no libro MATAPITOS.COM de Gloria Sánchez, Editorial Xerais (Permiso da editorial para facer esta adaptación moi libre)

SINOPSE: Unha profesora propón aos alumn@s,  de 6º de primaria,a lectura dun libro titulado “”Matapitos.com”” e, na explicación, un alumno queda durmido. Soña un terrible pesadelo onde a directora do colexio é unha malvada bruxa que ten no seu ordenador o espello onde se mira para saber se é a máis guapa do colexio. Casilda, a encargada da biblioteca, é a máis fermosa por iso a bruxa, para que se volva tola, ordénalle que vaia dar clase ao grupo de Infantil de 3 anos. Só que a súa dozura conquista aos nen@s e a bruxa non consegue o seu obxectivo.

Neste pesadelo, onde o durminte pasa pola “desagradable experiencia” de volver as aulas de infantil, o susto máis forte está por chegar… AO ESPERTAR!

“Como pasar un libro a unha curta e ao mesmo tempo facelo divertido dándolle a nosa visión? A verdade é que con moito esforzo e ilusión. A rodaxe levou varios días e a montaxe máis. Pero o resultado merece a pena.

Foi unha experiencia moi gratificante na que os alumn@s deixaron a vergoña fora e convertéronse nuns actores excelentes. Queremos dar as grazas a profesora da aula de infantil de 3 anos, ao conserxe e a Directora por “”ocupar os seus espazos””, a editorial pola sua amabilidade, e a todos aqueles que sorrín con nós ao ver esta historia.

E como agora todo o mundo está a facer films coa historia de “”Brancaneves e os sete ananos”” nós quixemos poñer a nosa nota de cor e de homenaxe no Bicentenario dos Irmáns Grimm.

María del Carmen Lodeiro Gesto
CEIP Barrié de la Maza-Santa Comba


26. Tonhito de Poi – “Maruja da Cansela”

Nota: Este vídeo non permite ser incrustado no blog, polo que para visualizalo deberás seguir a ligazón: http://vimeo.com/27617070

Dirección: Gutier Rolán
Axudante de Dirección: Víctor Grande
Director de Fotografía: Marcos Martínez
Directora de Produción: Alba Casas
Axudante de Produción: Alejandro Tallón, Mario Fernández, Christian Pérez e Violeta Montero
Produción Executiva: Airapro
Coreografía: Begoña Cuquejo e Marta Alonso
Maquillaxe: Lucía Dopico
Cásting: Christian Pérez
Script: Belén Monís
Figuración: Asociación Spes Ourense
Gravado en: Tenda/Bar Jesusa Ribadavia

Equipo: Nikon D5100, Canon 7D, PixelSkate.


27. SÉS – “Admirando a Condisión”

Realización e Edición: Gutier Rolán e Marcos Martínez
Produción: Airapro
Gravado na Sala the Star Carral Marzo de 2011″


28. Felicidade

“Traballo realizado polo alumnado de 5º A de Educación Primaria do CEIP Barrié de la Maza, en Santa Comba, A Coruña.
Coordinados e dirixidos polo seu profesor titor: R. Fernando Pintos Recarey.
Música Tema: Stars, Interprete: The Cramberries.”


29. A man asasina

“Directora: Lara Álvarez López
(alumna sen experiencia no mundo audiovisual)

Actores: Lara Álvarez López, Pablo Ferreiro Vide, Iván López López, Vera Raposo López
(alumnado sen experiencia no mundo audiovisual)

Cámara: Francisco Loureiro González
(profesor de matemáticas sen experiencia no mundo audiovisual)

Guionista: Rosa Alonso Lozano
(profesora de lingua sen experiencia no mundo audiovisual)


30. Exiliados ao Distrito 14

“Autora: Laura Davila Pena

Moitas grazas a Francisco Pena e á súa familia: Carmen Martínez, a súa muller, e Cristina Pena, a súa filla.
Agradecementos ao equipo Ciconi@ 2.0. pola súa colaboración na elaboración deste documental.”


31. Lingua activa

“Adrián Barreiro Cerqueiras
Daniel Rey Matos
Mónica Rodríguez Garrido
Alexandre Barreiro Garrido
Laura Batalla Gago
Diego González Vilas”

Anuncio realizado na asignatura de galego e informática.


32. O meu mundo era triste e sen cor

“O meu mundo era triste e sen cor”… Deste xeito comeza a microcurta de animación das Morracenses Beatriz e Débora alumnas do Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas do Morrazo (Pontevedra)


33. Enrólate. Doa o teu corazón

Video sobre transplantes de órganos. Un guión de Ana Davila coa colaboración de: Nerea Outeiral, Ainhoa, Martín e o profesor do IES María Soliño Jose Manuel García Plazuelo como coordinador

http://cultura–audiovisual.blogspot.com


34. Rosa dos Ventos

“Dividir a circunferencia nun número determinado de partes iguais. Ensino pola igualdade social,e a diversidade cultural e humán. Grazas ás alumnas e alumnos do curso 2009-2010 dos grupos de 3º e 4º de educación plástica e visual que participaron nesta unidade didáctica.

Division of the circle in a specified number of equal parts. Education for social equality, cultural and human. Thanks to students and students from academic year 2009-2010 of the groups of 3 º A and 4 A and B of Plastic and Visual Education who participated in this educational unit and entertaining which made possible a dream and I hope that of all his hopes to be ours.”

http://plastican.blogspot.com/


35. A Historia do Cine

“Daniel Malvido fixo este percorrido audiovisual para amosarmos a súa achega a http://kulturaaudiovisual.blogspot.com no primeiro trimestre do curso 2011-2012 do Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
bacharelatoartes2009.blogspot.com/


36. Making off expo 2010

“Editado por @canalartes coa axuda de Cristina Prego, no IES María Soliño para promocionar a exposición dos alumnos de Artes do IES María Soliño de Cangas do Morrazo daquel ano
http://bacharelatoartes2009.blogspot.com.es/p/exposicion-2012.html


37. Pink Floyd para Fluído Rosa

Non necesitas drogas que te esclavizan… Josué, Kevin e Roberto entregaron este videoclip como primeiro exercicio para a asignatura Cultura Audiovisual. Tratabase de crear un audiovisual con dispositivos móbiles aproveitando a convocatoria dun programa de radio adicada a Pink Floyd. Feito integramente por eles mesmos, coas suas ideas e medios, para a materia impartida no Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas.


38. Regáloche a miña inocencia

“Rita Ferradás Pérez
Fatima Collazo Bernárdez
Kevin Manuel González Santiago”

Este video lo hicimos para un trabajo de cultura audiovisual en el que teniamos que hacer algo relacionado con una frase determinada, en este caso la frase era ”Una parte de mi” y nosotros quisimos mostrar la realidad del mundo en el que vivimos, donde la gente se deja influir por los demás. Y así intentar que esto no ocurra.


39. Dona sangre

Dona sangre, puedes salvar muchas vidas.


40. Spots Sociais

“María Isabel Rico Plata, Gisela Pérez Vázquez, Omayra Pite Magdalena, Nerea López Gómez, Alejandro Carneiro, David Fernández, Noemí Fraga, Xabier Moure García, Ander Martínez Domínguez, Miriam Pérez Gerpe, Sabela Couso Viana, Andrea Rodríguez Rojo.

Duración: 8´ 29”
Año: 2011
MiniDV

Dada a numerosa participación de alumnado nesta curta só aparecen reflexados algúns deles. Creadores: 45 alumn@s en diferentes funcións.


[ << Anteriores Vídeos ]     [ Inicio ]     [ Seguintes Vídeos >> ]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s