A Asociación Marearte convoca o concurso galego de audiovisual non profesional “OlloBoi 2014” que se rexerá polas seguintes
BASES
-
Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas nacidas ou residentes en Galicia, do eido escolar (Primaria, Secundaria, Universitaria e Escolas Audiovisuais) ou do ámbito extraescolar afeccionado (sen produción profesional).
-
Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal. Se os traballos veñen dun centro educativo, deberá haber unha persoa coordinadora (para actuar de interlocutora con Marearte).
-
Aceptaranse traballos de vídeo-creación (ficción ou documental) de duración preferentemente non superior ós 20 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: Vimeo, Youtube, DailyMotion…
-
A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso do idioma galego, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais.
-
Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso.
-
As imaxes e audios dos traballos deberán ser propiedade dos autores do vídeo, quen consenten na divulgación do material na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos (recoméndase que os rexistren baixo licenza Creative Commons).
-
O tribunal estará constituído polos organizadores do evento.
PARTICIPACIÓN: Vías e prazos
-
Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do venres 24 de abril (incluído), indicando no formulario de inscrición (accesible desde olloboi.com) a dirección (URL) onde están albergados.
FALLO DO TRIBUNAL e PREMIOS
-
Os vídeos de todos os participantes estarán enlazados dende o día 25 de abril no sitio web olloboi.com dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online ata o venres 9 de maio.
-
Establécense OITO categorías con cadanseu premio, a contía dos cales se determinará en función das colaboracións e patrocinio acadados:
-
Olloboi Cómico: o máis gracioso e simpático, o que máis nos fixo rir, o que é para partirse, a mellor comedia
-
Olloboi Peleón: o máis comprometido, combativo, reivindicativo, social, con máis valores, o que máis e mellor denuncia, o máis solidario
-
Olloboi Fotoxénico: o máis estético, con mellor imaxe, fotografía, efectos, o máis bonito de ver, con máis estilo, con máis arte, o máis visual
-
Olloboi DJ: o máis musical, rítmico, armonioso, á mellor banda sonora, música orixinal, efectos de son e ambiente, o mellor vídeo musical
-
Olloboi Orixinal: á mellor historia, narración, relato, creación inédita, o mellor guión, a mellor ficción
-
Olloboi na Escola: a mellor experiencia académica, actividade didáctica e educativa, o mellor traballo nun centro educativo, o máis pedagóxico e instrutivo
-
Olloboi Online: o máis votado, o máis valorado polos espectadores, o que xera máis afección, o máis seguido, o premio do público
-
Olloboi Zamburrioi: o mellor traballo, o máis completo, o vídeo que máis mola, o máis redondo, o de máis calidade, o premio Olloboi
-
-
Non se descarta a inclusión de novas categorías de premios en función dos posibles patrocinios conseguidos
- A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das categorías
- A data e lugar de entrega de premios será na Gala OlloBoi 2014 que terá lugar o venres 23 de maio na Casa de Cultura de Boiro.