Olloboi 2015

[ Accede aos vídeos participantes, finalistas e gañadores na nosa app]

Benvidos á 6ª edición desta proposta que por repercusión e participación aspira a ser plataforma da canteira do audiovisual galego.

Talvez vistes nas redes sociais pegadas da Rede Cómplice que nos está axudando a construír e difundir o proxecto. Queremos un Olloboi máis participativo, plural, comprometido, escolar e formativo. Así, teremos unha preselección de traballos máis democrática, interacción co tecido cultural local e unha visibilización maior grazas a persoeiros como Morris, Quique Otero, Sabela Arán, Miguel de Lira ou Touriñán, cómplices nosos desde o outro lado da pantalla. A nova plataforma Olloboi axudaranos no labor de visibilización e difusión dos traballos presentados (nesta ocasión, 150)

Outra das novidades deste ano é o Día Olloboi, xornada de convivio entre profesionais do audiovisual e todos os que o traballamos nas aulas. Un día no que aprender, compartir e disfrutar do cine. E coma sempre, unha entrega de premios amena na que todos e todas nos sintamos recoñecidos.

Para que poida asistir o maior número de persoas posible, participantes no concurso ou non, o Día Olloboi vaise celebrar un sábado: o 30 de maio en Boiro. Ás 13:00h recibiremos ós asistentes no Náutico de Cabo de Cruz, e manteremos un coloquio para compartir experiencias e debater sobre o audiovisual na escola. Tralo xantar asistiremos a un cinefórum moi particular: convertiremos os Asteleiros Triñanes nunha xenuina sala de cine, onde veremos os traballos Unary e Encallaos xunto ós seus directore (Luis Avilés e Alfonso Zarauza). Para rematar o día, faremos entrega dos premios Olloboi 2015 na Casa de Cultura da Cachada. O acto será amenizado musicalmente polo CPI de Dodro e presentado polos actores cómplices Federico Pérez e X.A. Touriñán.

A última das novidades é que nesta convocatoria contamos con máis patrocinio que nunca, o que nos permite ampliar os nosos premios: 10 categorías nas que recoñecer a fotografía máis coidada, a mellor música orixinal, as risas, o guión, o aprecio do público… e cadanseu trofeo exclusivo da creadora Susana Diz xunto a un dron con cámara integrada. Xa vedes: creatividade e futuro!

Queremos convidarvos a que compartades con nós ese día (participásedes ou non cun vídeo), e a que veñades sós ou acompañados (alumnado, familia), xa sexa desde o comezo ou unicamente á entrega de premios. Eso si, imos pedirvos un favor: co obxectivo de organizar o mellor posible o Día Olloboi 2015, se contades asisitir axudaríanos que respondésedes a este correo ou cumplimentárades o formulario adxunto. Simplemente precisamos saber se asistiredes a todas as actividades (xantar, proxección e entrega de premios) e se viredes sós ou con xente.

Non ocorre nada se improvisades e simplemente aparecedes o 30 de maio: será un pracer pola nosa parte.

último patrocinadores completo JPG

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s