Bases Olloboi 2011

OlloboiIII Concurso Audiovisual Galego

OlloBoi

O grupo Rodaxe (GT Obradoiro Audiovisual) convoca o III Concurso Audiovisual Galego OlloBoi que se rexerá polas seguintes

BASES

  1. A modalidade de participación é a video-edición, xa sexa en formato documental ou en curtametraxe (de duración non superior aos 20 minutos).
  2. O produto final deberá aloxarse nun servidor web, como por exemplo Vimeo, Youtube, DailyMotion, etc.
  3. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ao idioma galego.
  4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos que non se presentaran en edición anteriores do concurso.
  5. Poderase participar individualmente ou en grupo, con ou sen tutela do profesorado. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
  6. Os alumnos menores de idade que participen deberán contar co consentimento paterno para seren gravados ou fotografados, así como para a promoción do traballo realizado.
  7. A entidade organizadora poderá divulgar os traballos presentados nas súas páxinas na rede.

PARTICIPACIÓN: Vías e prazos

  1. Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do 10 de xuño, incluído, indicando no formulario de inscrición (aínda non dispoñible) a dirección (URL) onde están albergados.

TRIBUNAIS e PREMIOS

  1. Os traballos de todos os participantes estarán enlazados dende o día 10 de xuño no sitio web http://rodaxe.info dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online. A votación conlevará a participación no sorteo dun lote de camisetas.
  2. Establécense as seguintes categorías con cadanseu tribunal e premio:
    1. 1º Premio Rodaxe (300 €) ao mellor traballo, concedido polo grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual.
    2. 2º Premio Rodaxe (100 €) ao segundo mellor traballo, concedido tamén polo grupo Rodaxe.
    3. Premio Impinxidela (100 €) ao mellor traballo en lingua galega, concedido por Impinxidela, EDNL do IES Leliadoura de Ribeira.
    4. Premio especial OlloBoi do público (100 €) de acordo cos votos recollidos online e en papeletas nas proxeccións previas á gala de entrega de premios.
  3. Non se descarta a inclusión de novas categorías de premios en función dos posibles patrocinios conseguidos.
  4. A organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou as dúas categorías.
  5. A data e lugar de entrega de premios confirmaranse no mes de maio, na páxina http://rodaxe.infoMiniatura de elemento

Se queres saber máis sobre Rodaxe e OlloBoi volta ao Inicio


2 Responses to Bases Olloboi 2011

  1. Josebe Arrillaga di:

    Hola. Acabamos de realizar un lip-dub en el instituto. Han participado unos 200 alumnos y parte del claustro de profesores. Me gustaría saber si podríamos inscribirnos en vuestro concurso. A todos nos haría mucha ilusión

  2. aguado di:

    Por suposto que podedes participar. Moitas grazas! 😉

Os comentarios están pechados.