Xa pasou o día, e foi fantástico compartilo con tod@s vós. Se ben hai cousas que mellorar, cremos que foi unha experiencia moi bonita extender o festival a todo o día, crear a rede de OlloVoluntari@s, facer dun asteleiro un cine e traer a el a profesionais do audiovisual.
A gala, conducida polos xeniais Fede e Touri, e fantasticamente musicada por Xiao’s Ollobois, non puido ser máis divertida e emocionante.
Aquí vos queda un resumo do día, e proximamente teremos o vídeo completo da gala. Na pestana “fotos e vídeos” tedes todas as imaxes que tomaron as OlloVoluntarias. Unha vez máis: grazas a tod@s!
Pingback: Gañadores OlloBoi 2015 | Botóns