Xa rematou a fase de inscrición!! disfruta dos vídeos e continúa informándote na nova aplicación: olloboi.com
Como sabedes, Olloboi é fundamentalmente un concurso audiovisual, sen ánimo de lucro e cunha clara vocación escolar.
Este ano incluiremos algunhas novidades que vos iremos detallando ó longo dos vindeiros meses. Por exemplo:
- O concurso vólvese completamente escolar. Eso sí: orientado a todos os niveis educativos, desde infantil e primaria ata escolas de imaxe e son e universidades, pasando por secundaria, bacharelato e formación profesional. Alumnado, profesorado e, en xeral, todas as persoas relacionadas co mundo da educación son benvidas a participar.
- Cambios nas categorías e contías dos premios. Caeuse algunha categoría da edición anterior, pero para compensar aparecen categorías novas: Olloboi Animado, Olloboi para escolas audiovisuais e universidades, e Olloboi á mellor experiencia educativa, patrocinado polo Encontro de Embarcacións Tradicionais. Así chegaremos, cando menos, a un total de 10 categorías nesta edición e atención! os premios serán o xenuino trofeo deseñado pola artista Susana Diz xunto a un dron con cámara integrada. Para ampliar horizontes sen perder de vista a calidade!
- Rede Cómplice Olloboi. Queremos abrir novas canles de participación coa comunidade, e profesionais e persoeiros de todo tipo xa nos están a dar o seu apoio. Entra na Rede e faite Cómplice Olloboi 🙂
- Xornada Olloboi. Unha auténtica festa da canteira do audiovisual na que se darán cita profesionais do ensino e do cine. Para esto contamos co patrocinio de empresas locais e nacionais, e coa colaboración dos directores Luis Avilés e Alfonso Zarauza (cinefórum nos Asteleiros Triñanes, sala de cine por un día), dos actores Federico Pérez e Touriñán (condutores da gala de entrega de premios) e do alumnado de música do CPI de Dodro, que amenizará a gala. O Xurado tamén nos acompañará ese día.
Síguenos tamén en Facebook