Film Affinity. Afinidade polo cine.

Ola amantes do cine!FilmAffinity

Porque supoñemos que ése será un dos motivos polo que vos achegades a este blog. Hoxe toca recomendar unha web excepcional que moitos xa coñeceredes porque xa leva anos funcionando, concretamente desde maio do 2002. Falamos de FilmAffinity.

Segundo din os seus propios creadores, Pablo Kurt Verdú Schumann (España, 1969), crítico de cine e profesor de márketing on line, e Daniel Nicolás Aldea (España, 1973), programador, FilmAffinityno es sólo una de las mayores bases de datos de cine en nuestro idioma, sino también una de las webs de todo el mundo que atesora una mayor cantidad de votaciones de cada una de sus películas“.

Pero esta web é máis ca iso, é “una web que la gente pueda considerar como parte de ellos, una megacomunidad en la que la opinión de cada uno es clave, la máxima expresión de Internet como interacción de personas (en este caso, con gustos de cine similares)“. Porque FilmAffinity é un lugar pensado para amantes do cine, cunha clara vocación de rede social, que permite votar e criticar películas, agregar amigos e amigas (e ver tamén as súas críticas e votacións) e moitas outras cousas máis.

O rexistro é gratuito e necesario para poder votar e utilizar todas as funcións do sitio, máis alá da simple consulta de fichas técnicas e artísticas de películas. E aquí hai que mencionar tamén que os responsables da web toman moi en serio a protección da nosa intimidade, como reza a súa política de privacidade: “Los propietarios de FILMAFFINITY nos comprometemos a no ceder los datos a terceras personas, si dicha cesión no es autorizada expresa y previamente por sus usuarios. Asímismo estamos en contra del “spam” de cualquier tipo.”

En definitiva, FilmAffinity, unha web máis que recomendable, un sitio para compartir, aprender e para disfrutar máis do cine.

Advertisements

About aguado

Profesor de secundaria de especialidade Informática.
Estas entrada foi publicada en Anuncios coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s