Narrativas Dixitais en Aguiño

Narrativas dixitais, proxecto educativo de novas tecnoloxías.
Garapuá (Bahía, Brasil) Aguiño (Galicia,España)
Do 12 ao 15 de xullo de 2010
Núm. Participantes: 16
Idade: 14 a 18 anos
Narrativas Dixitais é un proxecto educativo dirixido aos rapaces de Aguiño para difundir as novas tecnoloxías como medio de coñecemento e exploración do seu medio.
A actividade iníciase cun taller na Confraría, no que os alumnos deben decidir en grupo que tema queren tratar e en que forma.
Despois de se organizaren en pequenos equipos, estarán listos para cámara en man saír á rúa e relatar en primeira persoa a súa realidade máis próxima, compartir algunha experiencia, dar visibilidade ao seu medio…
Para facelo aprenderán a:

  • Traballar con imaxes: editar, manipular, corrixir color e montar de imaxes (taller de foto).
  • Traballar co son: editar, manipular e montar audio (taller de audio).
  • Editar un vídeo e manipular e corrixir color (taller de vídeo).

Estas narracións dixitais estarán expostas nos meses de xullo e agosto no Salón da Confraría e en pantalla grande proximamente…
Narrativas dixitais é un proxecto dos grupos de traballo do Laboratorio del Procomún en colaboración con Medialab Prado. Coordinadores: Juan Freire e Karla Brunet.
Se queres inscribirte como participante enche este sinxelo formulario.
Máis información http://ecoarte.info/narrativas/

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Educación, Encontros, Proxectos coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s