Clase mestra de Jem Cohen

Co gallo da retrospectiva organizada polo CGAI, o pasado 18 de febreiro asistimos á charla do cineasta estadounidense Jem Cohen, onde se proxectaron diversos traballos seus.

Estadounidense nado en Cabul (Afganistán) en 1962, Jem Cohen comeza a filmar en formatos subestándar a principios dos anos oitenta do secúlo pasado. A súa forma de traballo rapidamente o achega ao campo do vídeo musical, onde se converte no director ou parte importante das mellores pezas visuais de formacións e artistas como REM, Sonic Youth, Fugazi e Patti Smith. Crecido en Washington pero criado culturalmente nas rúas de Nova York, Cohen practica un cine underground en espírito, formas e medios, capaz de combinar a textura do Súper 8 e o 16 mm co ruído do vídeo, dixital ou analóxico, nunha obra de clara inspiración independente. Documentais, travelogues, ensaios e vídeos musicais (que non videoclips) mestúranse nunha obra tan fotográfica como musical e política, auténtica rebeldía punk levada ao cine.

A Master Class de Jem Cohen abordará o tema do documental como unha forza lírica. Cohen demostrará e argumentará a maneira en que a información do mundo actual se pode converter na base para películas que están na encrucillada dos xéneros documental, narrativo e experimental. O enfoque de Cohen con respecto ao documental anima a romper coas limitacións tradicionais a través dunha serie de preguntas: os filmes políticos deberan adoptar formas radicais?, pode unha película ser un tipo de música?, cal é o papel do documental fóra da corrente principal do cine, pode ser ao tempo accesible e subversivo? A clase estruturarase como un debate ilustrado, empregando curtas e extractos das películas urbanas de Cohen e filmes musicais incluíndo NYC Weights and Measures, Instrument (Fugazi) e a recente curta, Night Scene New York.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Encontros, Vídeos coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s