Parabéns aos gañadores/as!!
Premio Impinxidela:
Premio do Público:
Premio Olloboi Escolar:
Premio Olloboi:
Premio Impinxidela:
Premio do Público:
Premio Olloboi Escolar:
Premio Olloboi:
A continuación presentamos os finalistas dos premios Olloboi 2011, é dicir, os premios máis votados polo público e os máis votados polos xurados.
Premio Impinxidela:
Premio do Público:
Premio Olloboi Escolar:
Premio Olloboi:

O grupo Rodaxe organiza unha nova edición do Festival Audiovisual Galego OlloBoi.
Séguenos tamén en Facebook!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL, ofrece a actividade “A Semana das Curtas”, que se levará a cabo do 28 de febreiro ao 3 de marzo.
Esta actividade, que pode ser de especial interese para os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (sobre todo de centros de Ensino Secundario), consistirá no visionado de 4 paquetes de curtametraxes, e outros traballos audiovisuais de curta duración como videoclips, dunha hora máxima de duración. Os equipos e centros inscritos na Semana das Curtas poderán descargar estas curtametraxes, que xa podedes coñecer na páxina de referencia da actividade, http://www.semanacurta.com/, que se irá actualizando ao longo dos próximos días. Ademais, o alumnado poderá opinar e intercambiar as súas impresións sobre os traballos proxectados no seu centro a través dun blogue.
Se estades interesados en participar na Semana das Curtas, anotádevos no enderezo correo@coordinadoraendl.org incluíndo os seguintes datos, necesarios para facilitarvos as claves de descarga na semana do 21 de febreiro:
No arquivo anexo envíase o cartaz da actividade, que reserva un espazo para incluír o nome dos vosos equipos e centros se así o vedes oportuno.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
O Equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca o primeiro festival CinEOI Coruña Curtas co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego. O tema
das curtametraxes será libre.
O Festival terá lugar os días 30 e 31 de marzo. Na primeira xornada proxectarase unha selección de curtas do panorama galego actual de autores novos e tamén clásicos xa recoñecidos.
Consulta as bases: Bases_CinEOI
Nace a que di ser a primeira revista dixital en galego de crítica cinematográfica: A Cuarta Parede.
“A Cuarta Parede nace para falar da nosa paixón (o cinema de autor) na nosa lingua (o galego).”
O Galegoke é un xogo de karaoke onde acumulas puntos emulando o cantar dos teus artistas galegos favoritos, sempre coas cancións orixinais. Podes xogar en modo individual ou en modo festa, competindo por roldas cos teus amigos e amigas . Aquí atoparás información sobre o proxecto, novas e eventos que se realizarán, así como o software e temas extras.
O volume I está á venda por 19,95 € en diferentes puntos de venda.
Como se compón unha canción de pop? Como se poden aproveitar as novas tecnoloxías para gravala e compartila co resto do mundo? A estas cuestións responde a actividade ‘Detrás da canción‘, na que integrantes dos grupos galegos Projecto Mourente e The Homens dan a coñecer a trastenda do proceso creativo.
Anótate xa ao curso de música caseira, con Projecto Mourente.
As novas tecnoloxías permiten que calquera persoa se converta en produtor musical sen saír da casa. Este curso, que se imparte en dúas sesións de 50 minutos de duración cada unha, permitirá aos asistentes coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza nun ordenador convencional e posteriormente publicala en Internet. Consulta na seguinte táboa cando e onde é o seguinte curso:
| Data | Localidade | Hora | Lugar |
|---|---|---|---|
| 21/01/2011 | Tui | 18:00 | Telecentro-Área Panorámica |
| 22/01/2011 | Padrón | 18:00 | Telecentro-Centro Social |
| 23/01/2011 | Marín | 18:00 | Telecentro-Biblioteca |
| 04/02/2011 | Santiago de Compostela | 18:00 | Telecentro – Facultade de Ciencias da Información |
| 05/02/2011 | Ribeira | 18:00 | Telecentro – Confraría de Pescadores |
| 06/02/2011 | Negreira | 18:00 | Telecentro – Casa da Cultura |
| 11/02/2011 | Vilagarcía de Arousa | 18:00 | Telecentro – Obradoiro Municipal de Emprego |
| 12/02/2011 | Boiro | 18:00 | Telecentro – Centro Sociocultural |
| 13/02/2011 | Muros | 18:00 | Telecentro |
| 25/02/2011 | Vigo | 18:00 | Telecentro |
Un americano en Galicia é un novo proxecto que nace da colaboración entre Rodaxe Obradoiro Audiovisual e Jeremy Dickinson, un americano de Chicago destinado como auxiliar lingüístico no IES Leliadoura durante o curso 2010-2011.
O proxecto consistirá básicamente nunha serie de vídeos de diferentes lugares de Galicia, gravados e narrados en inglés polo mesmo Jeremy. Neles poderase aprezar a beleza paisaxística da rexión ao tempo que se aprende inglés. O proxecto está dirixido tanto a viaxeiros anglofalantes como a estudantes de inglés.
A continuación presentámosvos o primeiro capítulo da serie gravado dende o Miradoiro da Pedra da Rá, no concello de Ribeira.
Para os amantes do cinema e o mundo audiovisual, a Biblioteca do IES Leliadoura en colaboración co grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual organiza a seguinte charla impartida por membros da Asociación Película Invertida:
Lugar: Biblioteca do IES Leliadoura

Data e hora: mércores 24 de 4 a 6:30
Contido: Na charla farase un percorrido polas etapas do proceso audiovisual orientadas a crear unha curtametraxe (preprodución, rodaxe e postprodución), e incluirá proxección de distintos materiais, anécdotas e tempo para preguntas.
Dirixido a: principalmente a rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de BAC, coa pretensión de meterlles o gusanillo no corpo para formar un equipo audiovisual durante o curso 2010-2011 e realizar así os seus propios traballos. A charla tamén estará aberta ao profesorado e a outro alumnado previa confirmación e mentres non se complete o aforo.
Máis información: escribindo a biblioteca@leliadoura.com.es ou deixando un comentario a continuación.
Nota: Para preparar mellor os contidos da charla podes deixarnos un comentario con calquera dúbida que teñas ou con propostas de temas que che interese tratar.